Site icon Crónica3.com A Mariña

“Compañeiras do mar e do ceo”, no CENIMA

Foz, 20 de marzo, 2023. A UNED-Aula Universitaria de Foz inaugura unha Exposición no CENIMA sobre “Compañeiras do mar e do ceo”

Pódese visitar na sala de exposicións en horario de 9 a 14 horas. As aves mariñas están presentes en todos os océanos do planeta e perfectamente adaptadas á vida no mar, xa que dependen deste para sobrevivir. En Galicia, ademais, temos algunhas das máis importantes colonias da Península Ibérica. Esta exposición itinerante foi deseñada con obxectivo de divulgar e poñer en valor a importancia da conservación das aves mariñas, así como a súa relación coas actividades pesqueiras.

Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional vén recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.

A exposición estará aberta ao público ata o 9 de abril.

Traballamos así polo ODS 14 conxuntamente co Concello de Foz.

Exit mobile version