Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “Seguimos na nosa liña de traballo en canto a colaboración coas entidades deportivas da vila”

Ribadeo, 7 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato á alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, destaca unha vez máis a colaboración dos populares coas entidades deportivas. “Seguimos xestionando e colaborando coas entidades deportivas da vila, unha liña de traballo que marcamos desde o inicio da lexislatura”.

Neste sentido, o candidato a alcaldía engade “creo que debemos destacar que esas colaboracións son froito das propostas que nos traslada cada entidade coas súas necesidades en canto a material deportivo, e precisamente a Xunta está a reforzar a súa estratexia económica para sufragar os gastos”. Vega explica que “xestionamos un orzamento de 10.000 € para o FC Ribadeo, neste caso para a compra de material de ximnasio, unha máquina de pintar e unha corta céspede”.

De feito, o candidato resalta que “desde o noso grupo municipal seguiremos traballando con todas as entidades deportivas da nosa vila porque o importante é destinar orzamento para Ribadeo e impulsar iniciativas que son fundamentais para o crecemento do deporte e da vila”.

Exit mobile version