Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do Concurso de Caretas de Entroido 2023 de Xove

Xove, 17 de marzo, 2023. A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a  finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas de entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.

Este xoves nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:

Os premiados/as nesta edición 2023, foron:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: (REX. Nº 38) MARÍA MOREIRA REGO.
2º Premio: (REX. Nº 1) ANAIS ROMERO SUÁREZ.
3º Premio: (REX. Nº 16) ÁNGEL FERNÁNDEZ RIVEIRA.

2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº19) JESÚS LÓPEZ FRANCO.
2º Premio: (REX. Nº 26) PABLO GARCÍA VAL.
3º Premio: (REX. Nº 32) ALMA RODRÍGUEZ FRA.

3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 31) ALBA MASEDA FRANCO.
2º Premio: (REX. Nº 14) DAVID BURGOS PELOCHE.
3º Premio: (REX. Nº 28) NICOLÁS PURRIÑOS GARCÍA.

4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 35) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA
2º Premio: (REX. Nº 18) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º Premio: (REX. Nº 29) ÁLVARO GARCÍA CASABELLA.

5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: (REX. Nº 37) CARLA CASABELLA PUÑAL.
2º Premio: (REX. Nº 4) SILKE IGLESIAS GARCÍA.
3º Premio: (REX. Nº 36) DANIEL BÉRTOLO CASABELLA.

Exit mobile version