Site icon Crónica3.com A Mariña

Grampoder presentan ‘PM’ cun concerto este sábado en Burela

Burela, 6 de marzo, 2023. O dúo compostelán Grampoder presenta cunha serie de concertos o disco PM, editado en 2022. O grupo volve aos escenarios cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil, estreando novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk, mantendo un formato escénico mínimo.

Durante o mes de marzo, Grampoder ten programadas tres actuacións en Galicia:
Burela

Sábado 11/3. 22.30h.
Xebra Associaçom
5€ (Socios 4€)

Santiago
Venres 17/3. 21h.
Riquela
7€ – Anticipada á venda en A Reixa Tenda/Matrioska (Rúa do Hórreo, 46)

Cambados
Sábado 25/3
Krazzy Kray

PM é todo o que ocorre a partir da metade da xornada, cando comeza a facerse de noite e a inercia do día se fai cada vez máis difícil de corrixir. O novo disco de Grampoder contén dez cancións dominadas pola contundencia das guitarras, a enerxía das percusións e unhas letras feras e desencantadas, que tratan a perplexidade ante a velocidade do mundo, os medos e a frustración.
LeRoi (percusión, baixo) e Martin Wu (guitarras, voces), ex compoñentes de The Homens, continúan á fronte do proxecto. Despois da publicación do LP Golf Whiskey (2013) e do single Tigerland (2014), Grampoder editaron en 2022 PM.

Exit mobile version