Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran debut de Saki en Vista Alegre nun cómodo triunfo ante Marín

Tamén tivo a oportunidade de xogar durante o último minuto do encontro a hoxe porteira suplente, Ester, dos equipos da base do club, tras a ausencia de Jozi

Burela, 25 de marzo, 2023. Ás 18.30 desta tarde en Vista Alegre tivo lugar uno dos derbis máis esperados en Vista Alegre, ademais da maxia dun bonito derbi galego, debido ao regreso ás pistas, esta vez en campo contrario, de tres antigas xogadoras o club, o Pescados Rubén Burela FS – Marín Futsal. Moi superior o Burela FS durante todo o encontro, o resultado final foi un folgado 5-0 onde as mariñás demostraron unha vez máis a súa compenetración e dominio en calquera situación e contexto, a pesar do perigoso parón do que proviñan tras as convocatorias tanto da selección española como da brasileira, ás que asistiron case todo o conxunto laranxa. Debuta Saki en Vista Alegre deixando aos aficionados abraiados e ao adestrador moi contento coa nova incorporación, que se está adaptando moi rápido e á perfección ao equipo.

Na primeira parte o Pescados Rubén mostrouse moi superior durante todo o xogo. No minuto 5 Peque encaixa o primeiro gol tras un fallo de defensa do Marín e no 6 Dany pon o 2-0 cun gol tras unha boa asistencia de Saki dentro da área rival. Tras unha boísima oportunidade de Cilene cun tiro ao pau chega o 3-0 cun gol de Jenny dun potentísimo disparo desde os 10 metros. As “Guerreiras” continúan presionando ata o final do primeiro tempo tendo apenas unha oportunidade o Marín, no minuto 16, que para Caridad.

Na segunda parte o Marín consegue cometer menos erros na defensa, mantendo o resultado ata máis da metade do segundo tempo e atacando con porteira-xogadora durante os últimos 12 minutos de xogo, sen conseguir encaixar ningún balón na portería de Caridad, que no último minuto será de Ester, que, sendo dos equipos da base das ED Cabreiroá Burela FS, puido probar a experiencia de xogar en Primeira Federación no encontro de hoxe. Presionando o Marín con porteira-xogadora desde o minuto 28, no 34 Peque aproveita para meter o 4-0 a porta baleira desde o propio campo do Burela. Finalmente no 39 Jenny volve encaixar o último gol do encontro, o 5-0.

Cun Julio Delgado moi orgulloso das súas xogadoras, aínda que non dubidaba de que o equipo ía responder ben, “sempre é unha incógnita” tendo en conta a situación na que estiveron máis da metade do equipo, tanto tempo sen poder adestrar na casa e xogando a un alto rendemento durante dúas semanas coas seleccións nacionais española e brasileira. “Foi un partido moi serio desde o primeiro minuto ata o último”, “cada vez que fan un partido así, tan serio, hai que felicitalas e darlles unha matrícula de honra, polo comportamento que tiveron, polo xogo e o fútbol sala que despregaron e polo resultado, outra vez cinco goles e a portería a cero”.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Marín Futsal

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Jenny, Emilly – cinco inicial- Peque, Patricia, Antía, Irene Samper y Jozi (P).

Marín Fustal: Silvia Aguete (P), Marta Estévez, Adriana García, María Leon, Ale de Paz, Paula García, Jessica Moreno, Cecilia Puga, Bea Mateos, Lara Balseiro, Inés Mayán, Lucía Paz (P)

Goles: Min.5 Peque 1-0, min.6 Dany 2-0; min.10 Jenny 3-0; min.34 Peque 4-0; min.39 Jenny 5-0.

Equipo Arbitral: Roberto Segundo Amor Vizoso, Borja Darriba Villamor, María López López, Adrián García López.

Exit mobile version