Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez felicita en Cervo aos profesionais galardoados nos Premios COAG de Arquitectura

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, asistiu hoxe na Fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo, á gala de entrega dos XX Premios COAG de Arquitectura, organizados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Isabel Rodríguez aproveitou para felicitar aos profesionais galardoados polos seus innovadores proxectos arquitectónicos e destacou o papel da arquitectura no desenvolvemento sostible do patrimonio, mellorando a calidade de vida dos habitantes nas cidades. Igualmente, puxo en valor o traballo do Colexio de Arquitectos de Galicia durante os seus 50 anos de traxectoria, asesorando e formando aos colexiados e colexiadas galegos.

Exit mobile version