Site icon Crónica3.com A Mariña

María Amalia Luz San Martín, do C.D. Egovarros-Viveiro, campioa de España de pista cuberta en 200 m lisos e subcampioa en 400 m

Viveiro, 6 de marzo, 2023. Durante 3 días da pasada fin de semana, celebrouse en Antequera (Málaga) o Campionato de España Máster de Pista Cuberta, cunha masiva participación de atletas dos distintos clubs de todo o territorio nacional.

Estes atletas tiñan que ter a marca mínima para poder participar, por parte do Egovarros-Viveiro participou a atleta Maria Amalia Luz San Martín na categoría W70, que se proclamou campioa de España na proba de 200 metros lisos e subcampioa na de 400 metros lisos, nesta proba bateu o record galego rebaixándoo en máis de 4 segundos.

A vindeira proba na que participarán atletas do C.D.Egovarros será no Campeonato Galego de 5km en ruta, a celebrar o día 19 na localidade de As Pontes.

Roque Yagani e Pablo Giz tamén participaron este sábado no Campeonato Galego de Campo a Través, nas categorías de alevín e infantil dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

Exit mobile version