Site icon Crónica3.com A Mariña

Miguel Remior expón parte das súas pinturas na cafetería Mareta, de Ribadeo

Ribadeo, 2 de marzo de 2023. A cafetería Mareta, de Ribadeo, acolle unha exposición con obras do debuxante e pintor ribadense Miguel Remior. A mostra inclúe 5 cadros de estilo realista pintados en acrílico, que reproducen parte da Torre dos Moreno, un coche antigo no Ribadeo Indiano, O Cargadeiro, A Vilavella e o escudo do edificio do xulgado de paz ribadense.

Miguel Remior Rodríguez, que vive en Ribadeo e é natural da parroquia de Covelas, comezou a súa faceta de artista plástico en 2010, por mor dunha baixa laboral de longa duración por un problema de saúde que tivo ese ano. “En aquel momento no tenía mucho que hacer y, como siempre me había interesado el dibujo, empecé a mirar tutoriales en youtube y a informarme. Así empecé a dibujar y después poco a poco fui derivando hacia la pintura, con la que comencé en 2017, pero sin abandonar el dibujo. Siempre me habían gustado las artes plásticas pero nunca había tenido tiempo ni existían los medios que hay ahora para formarse a través internet sin tener estudios académicos, aunque también aprendo de libros que compro”, explica o artista.

A propietaria de Mareta, Virginia Eceiza, comenta que os cadros de Miguel Remior expostos no establecemento chaman a atención a moitos clientes.

Exit mobile version