Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo celebra a mesa redonda “Mulleres Referentes” este sábado

Mondoñedo, 23 de marzo de 2023. No Concello de Mondoñedo séguese a conmemorar o Día Internacional das Mulleres e, trala celebración da Comida da Igualdade e da inauguración do novo panel da exposición permanente “A historia de Mondoñedo leva nome de Muller”, péchase este “Mes da Igualdade” coa celebración da mesa redonda “Mulleres Referentes” o vindeiro 25 de marzo de 2023.

Nesta data, en horario de 11 a 13 horas, na Casa da Xuventude, tres mulleres orixinarias ou moi vinculadas con Mondoñedo, compartirán as súas experiencias profesional e persoal no ámbito laboral. En concreto, participarán como relatoras Sara García González, Profesora Titular de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, Rebeca Maseda Longarela, violinista e xestora cultura, e Noemí Rodríguez Rodríguez, mentora de emprendedores e cofundadora e CEO da empresa tecnolóxica Himikode. Tamén o público asistente poderá formular as súas preguntas e inquedanzas.

Trala mesa redonda, farase entrega dos premios do concurso “Debuxando en Igualdade 2023” no que participou o alumnado dos centros de Primaria e Secundaria dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto, unha actividade que xa conta con grande tradición e que cada vez acada maior e mellor participación.

Neste evento está confirmada a presencia de dona Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen se encargará de clausurar esta xornada, a cal se espera repetir en vindeiros anos.

Exit mobile version