Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova vitoria en Barcelona do Pescados Rubén

Burela, 25 de marzo, 2023. Ás 16.00 desta tarde na Ciutat Esportiva Joan Gamper o Pescados Rubén Burela FS enfrontouse ao Barça Athlètic no partido da xornada 24 onde o equipo laranxa se levou os 3 puntos cun resultado final 3-4.

Comeza o encontro costa arriba para o Burela, no minuto 2 Rikelme mete en propia porta despois dunha falta a favor do equipo blaugrana que saca Rubén e dous minutos despois Puigvert anota o segundo tanto a pase de Touré. Despois dun par de ocasións claras para cada equipo, o conxunto mariñán comeza a presionar con maior intensidade e con maior posesión do balón. No minuto 11 Pitero ten unha moi boa ocasión, só ante o porteiro, que finalmente vai fóra. Tras un saque de banda rápido chega o primeiro gol do Burela no minuto 12, cun tiro de Isma desde media pista que Pau López non logra deter. Tras dous minutos de xogo, de novo Isma logra o empate cun rexeite despois dunha falta. Os pícaros comezan a sufrir un pouco ao poñerse con 5 faltas pero logra manter o resultado ata o descanso.

Na segunda parte o Burela vese máis seguro, xestionando o partido un pouco máis demde o balón, remonta o encontro grazas a un par de roubos en defensa. No minuto 22 David Pazos consegue o 2-3 tras un roubo na área do rival e tras dúas ocasións do equipo catalán, primeiro de Campás e logo de Touré chega o 2-4 cun gol de Eloy tras unha contra do Burela. No minuto 36 entra Kokoro de porteiro-xogador e tras dous paradóns de Kaluza, Aniol anota o 3-4 despois dun centro de Touré, a falta de 43 segundos para o final. A dúas décimas do final o Barça realiza un saque de banda cun pase a Aniol que remata con gol, pero ao estar fóra de tempo anúlase, xa sendo o saque de banda sobre a bucina.

O equipo de David Rial continúa consolidando o seu segundo posto cada vez máis preto dos playoff. Esta semana terán un pequeno descanso con motivo das semifinais da Copa do Rei que se celebrarán o sábado 1 de Abril. Ademais do breve descanso aproveitarán o parón para prepararse a fondo para o sprint final da tempada, empezando polo próximo encontro contra o Zaragoza en Vista Alegre o día 6 de abril ás 18h00.

Ficha Técnica Barça Athlètic – Pescados Rubén Burela FS

Barça Athlètic: Àlex Lluch (P) (C), Mamadou Touré, Harrison, Rubén, Aniol – cinco titular -, Ortas, Muinelo, Campàs, Puigvert, Kokoro, Rubén Rodó, Pau López (P)

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho (C), Pitero, Rikelme, David Pazos – cinco inicial -, Nito, Isma, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).

Goles: Min.2 Rikelme (PP) 1-0; min.4 Puigvert 2-0; min.13 Isma 2-1; min.15 Isma 2-2; min.22 David Pazos 2-3; min.27 Eloy 2-4; min.40 Aniol 3-4

Equipo Arbitral: Cristian Cubero García e Luis Manuel Manso Martín.

Exit mobile version