Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de 3º de Primaria dos Ceip de Burela participou na Ocainmigrante

Burela, 24 de marzo de 2023. O alumnado de 3º de Primaria dos Ceip de Burela participou onte e hoxe na Ocainmigrante, organizada pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.

A edil Noelia Mª Ben explica que “os días 23 e 24 de marzo realizouse a Ocainmigrante, para o alumnado de 3º de primaria dos Ceips de Burela, o Virxe do Carme e o Vista Alegre, coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia”.

A concelleira de Inmigración subliñou que “con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre a inmigración e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, as guerras, a marxinación, os malos salarios, o rexeitamento, a integración, a inxustiza,…”.

Ademais Ben lembrou que “está aberto o prazo para participar nos IX Concursos de Lemas e Debuxo e Pintura para o Día Internacional para a eliminación da discriminación racial. Os obxectivos son transmitir a través de mensaxes curtas ou debuxos a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención”. E engadiu que “as bases para poder participar nestes concursos están publicadas na sede electrónica do Concello de Burela. A data para a presentación dos traballos remata o 3 de abril de 2023”.

Exit mobile version