Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pide actuar cos vehículos abandonados na vía pública

Viveiro, 6 de marzo, 2023. Nos últimos meses tense detectado a presenza de varios vehículos abandonados na vía pública, o que supón un perigo polo seu mal estado, a perda de prazas de estacionamento e unha mala imaxe para a contorna. Por exemplo, desde o BNG detectamos, como os que máis tempo levan, un turismo abandonado na rúa Otero Pedrayo, ou dúas furgonetas na Avenida de Cantarrá e no Campo da Pascua, na zona de Covas.

Polo que a nosa concelleira, Míriam Bermúdez, solicitará no vindeiro pleno o seguinte:

. Se intensifique por parte de Policía Local o control sobre o abandono de vehículos en vía pública.

. Se realicen os trámites necesarios para notificar aos propietarios destes vehículos que se proceda á súa retirada e, de non realizarse, sexan retirados polo Concello.

Exit mobile version