Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo segue en loita contra a velutina

Concluíuse que nas vindeiras semanas se vai facer unha nova entrega de produto atraente de balde, co fin de atacar ás raíñas na primavera

Cervo, 8 de marzo de 2023. O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron un novo encontro coas persoas apicultoras do municipio a fin de abordar a incidencia da avespa velutina na actualidade.

Tal e como explicou Villares, o obxectivo deste novo encontro “é seguir estando, tal como vimos facendo dende que temos constancia da presenza desta especie invasora no noso Concello, ao carón dos nosos apicultores, e tentar protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas; tanto coa retirada e neutralización de niños en canto temos coñecemento da súa existencia, como coa campaña de entrega de atraentes de balde, que comezamos no 2017, e que, tal e como nos trasladaron, tivo a súa eficacia”.

De feito, nesta reunión, logo de poñer en común a evolución das colmeas concluíuse que nas videiras semanas o Concello “vai facer unha nova entrega de produto atraínte de balde, co fin de atacar ás raíñas nesta primavera, que é o momento crucial para facelo, para tentar así frear a expansión da velutina e a formación de niños de cara aos vindeiros meses”.

Exit mobile version