Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz mellorou viais en Cangas, Fazouro e Nois

Foz, 16 de marzo de 2023. O Concello de Foz acometeu melloras nos viais de Ribela e Raxal, na parroquia de Cangas; Morgallón, en Fazouro; e A Barrosa, en Nois, cun investimento de máis de 70.000 euros.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “cun orzamento de algo máis de 70.000 euros, as obras consistiron na limpeza das marxes e do pavimento existente e na mellora do firme cunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor. Está pendente levantar as tapas dos rexistros dos distintos servizos, a colocación de sinais e o pintado dos viais, que se fará nas próximas semanas”.

O rexedor municipal especifica que “no barrio da Barrosa, en Nois, ademais da mellora do firme dispúxose unha nova rede de abastecemento de auga de PVC de 75 milímetros de espesor, que vén a substituír á vella tubaxe de fibrocemento. Neste lugar había roturas continuas da rede de abastecemento e coa nova canalización eliminamos este problema.

Estas actuacións xunto á mellora e posta en valor da fonte pública de Cabanas, que conta tamén cunha nova acometida, transformaron este barrio. As veciñas e veciños da Barrosa trasladáronnos o seu agradecemento: a mellora chegou tarde pero chegou”.

Exit mobile version