Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro recada a opinión dos cidadáns para presentar a súa candidatura á convocatoria extraordinaria dos Plans de Sostibilidade Turística

Viveiro, 1 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro impulsa a difusión dunha enquisa dirixida en exclusiva á cidadanía, enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro.

O cuestionario forma parte das accións promovidas dende o goberno local de cara a presentar a súa candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.

Co citado cuestionario búscase recadar a opinión dos cidadáns sobre as acciones prioritarias a levar a cabo.

Todas elas deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais.

A enquisa estará dispoñible dende hoxe ata este sábado día 4 de marzo.

Enlace á enquisa: https://bit.ly/41BcLFd

Exit mobile version