Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo provincial do PP leva ao pleno da Deputación a voz dos bombeiros, con fin de resolver os problemas que expoñen e evitar que afecten á eficacia do servizo

O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, sinala que as demandas laborais dos bombeiros “son absolutamente dignas”

Lugo, 27 de marzo de 2023. O grupo provincial do PP de Lugo levará ao pleno que celebrará mañá a Deputación, mediante unha moción, a voz dos traballadores do Consorcio Provincial de Bombeiros. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, explica que a iniciativa ten por obxectivo resolver “as súas peticións laborais, que son absolutamente dignas, porque a situación herdada da relación inicial coas empresas que o xestionaban non se adapta aos tempos actuais e non son consecuentes co traballo que fai este servizo”.

Castiñeira sinala: “Todos os que tivemos ou temos nalgún momento a capacidade de xestionar un concello sabemos da importancia dos seis parques de bombeiros repartidos por toda a provincia. Cando hai unha urxencia, o compromiso que teñen os bombeiros co eido social é total e sempre están aí”. O grupo provincial do PP considera que a sociedade e os concellos deben comprender as peticións dos bombeiros, “que son peticións xustas”, por parte de profesionais “que moitas veces expoñen a súa propia vida”.

Castiñeira di: “Instamos ao presidente da Deputación de Lugo, que é o presidente do Consorcio, a que resolva estes problemas e traslade á Xunta de Galicia a vontade, esperamos que unánime da Deputación de Lugo, para solucionar os problemas e que non afecten ao servizo, do que estamos contentísimo”.

Exit mobile version