Site icon Crónica3.com A Mariña

O Plan Especial de Protección e reforma interior do Conxunto Histórico de Ribadeo finalista dos Premios COAG no apartado de planeamento urbanístico

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023 . O Colexio de Arquitectos de Galicia dá a coñecer as obras finalistas da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contou coa candidatura de 224 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre o 1 de outubro do 2020 e o 30 de setembro do 2022.

A decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, presidiu o xurado composto polo arquitecto e director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Plácido Lizancos; a arquitecta María Soledad Madridejos; o arquitecto Alberto Fernández Veiga; a arquitecta e vogal da Comisión de Cultura do COAG, Emma Noriega; e actuará como secretaria –con voz pero sen voto– a arquitecta e secretaria do COAG, Elvira Carregado. Unha vez analizadas todas as candidaturas, o xurado realizou unha selección previa de 53 obras que estimou que merecían ser consideradas por riba do resto:

RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA UNIFAMILIAR
Casa dos profesores. Reconstrución vivenda unifamiliar afectada pola explosión de Paramos. Tui. Jorge Enríquez Méndez e Adrián Pinaque Alvite
Vivenda unifamiliar en Soutoverde, Celanova. Manuel Jorreto Díaz
Casa Tomada. Vigo. María Pilar González Ferro e Jordi Castro Andrade
Calvario_House. Noia. Álvaro Marín Durán e Alfonso Castro Lorenzo
Vivenda unifamiliar en Carrís, Pereiro de Aguiar. Juan Seara Oro e Berta Peleteiro Varela
Vivenda unifamiliar illada, rehabilitación de edificación auxiliar existente e piscina. Brión. Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide
Casa Hutmann. A Coruña. Carlos Graña Ramos
Casa 2M. Santiago de Compostela. Alvaro Marín Durán e Alfonso Castro Lorenzo
Vivenda unifamiliar en Chancelas. Combarro (Poio). José Jorge Santos Ogando e José Carlos Mera Rodriguez
Vivenda unifamiliar. Oleiros. Juan Seara Oro e Berta Peleteiro Varela

RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA COLECTIVA
9 vivendas unifamiliares en fileira e urbanización privada. Meixonfrío. Oleiros. Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García
Tres edificios para 125 vivendas, prazas de garaxe e rocho. Santiago de Compostela. Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide

OUTROS EDIFICIOS DE NOVA PLANTA
Residencia para persoas maiores. Oleiros. Pedro Cardenal García e Daniel González Tello
Biblioteca Municipal de Nigrán. Lucas Gándara Álvarez e Juan Pons Herrera
Campo de fútbol en Ponte Sampaio. Pontevedra. Carlos Gustavo Pérez Álvarez, José Jorge Santos Ogando e José Carlos Mera Rodríguez
 Vivenda unifamiliar con baixo comercial para farmacia. Oleiros. Óscar López Alba e Lucía Fernández Rodríguez
 Centro social de Cacheiro. A Canicouva. Pontevedra. José Ramón Garitaonaindia de Vera e Montserrat Neira Borrajo

OBRAS DE RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN
Rehabilitación e ampliación de edificio para dúas vivendas dúplex e garaxe. Vigo. Javier Couto Granja
Remodelación interior de anexo a vivenda. San Cristovo de Cea. Manuel Jorreto Diaz
Casa Elías. Rehabilitación de vivenda no casco histórico de Corcubión. Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López
Rehabilitación do estaleiro tradicional Ciprián. Outes. Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes Dopico
Berbés 41. Dúas vivendas sociais no casco vello de Vigo. David Vázquez García
Rehabilitación da torre do século XIX da batería baixa do Castelo de San Felipe para usos expositivos. Ferrol. Ramón Montero Cereijo
Rehabilitación de edificio para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional. Ourense. Alexandra Estefanía Vázquez Müller, Roi Feijoo Rey e Santiago García Camacho
Adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo. Alfonso Penela Fernández
Espazo Amizar. Rehabilitación de edificio administrativo para a Xunta de Galicia. A Coruña. Manuel Vázquez Muíño e Iglesias y Veiga Arquitectos
Restauración das cubertas do templo: Nave principal e cruceiro. Santiago. Iago Seara Morales e Juan Orozco Corredoira
Rehabilitación, agrupación e ampliación de 3 edificacións. A Coruña. Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez                                                                                      Rehabilitación de inmoble para dúas vivendas de promoción pública. Betanzos. Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez
Rehabilitación enerxética edificio BF42. A Coruña. Jorge Álvarez Rúa e Terceroderecha Arquitectos
Conxunto turístico de Albeida. Fase final: centro de hidroterapia “Spasinho”. Outes. Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñares Túñez

OBRAS DE INTERIORISMO
Un estuche nunha caixa. Vigo. Rubén Rodríguez Iglesias
Piso LV. Vigo. Pablo Menéndez Paz
Ferraxería. Cambre. Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez
Centro de entrenamento Wellstreet. Oleiros. Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez
Acondicionamento de local comercial destinado a libraría. A Coruña. Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo
Loft de 65 m2. A Coruña. Miguel José Plata Hierro

ARQUITECTURAS EFÉMERAS E DESEÑO
Expositores GDW #novodeseñogalego. A Coruña. Juan Miguel Salgado Gómez e Luis Manuel Santalla Blanco
WU Lamp. Santiago de Compostela. María Elena López Fernández e Julio Turnes Vieito
Exposición “Paisaxes incultas. A metamorfose do monte galego”. Torres Hejduk, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela. Cristina García Fontán

PLANEAMENTO URBANÍSTICO

Plan Especial de Protección e reforma interior do Conxunto Histórico de Ribadeo
Ribadeo. Juan Alfonso Botana Castelo e María Beatriz García Becerra
Proxecto piloto de “Rúa Azul”: Rúa peonil e ciclable de conexión interurbana. Concellos de Moaña e Cangas. Diego Germade Castelo e Martín Barreiro Cruz

DESEÑO DE ESPAZOS URBANOS, XARDINERÍA E PAISAXISMO
Acondicionamento do borde portuario de Porto do Son. Alberto Redondo Porto, Juan José Creus Andrade, José Martín Valladares Durán e Marcial Rodríguez Rodríguez e Covadonga Carrasco López
Acondicionamento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte. O Rosal. María Fandiño Iglesias
Rampa – chegada do Camiño Francés a Santiago. Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López
Acondicionamiento do xacemento do Castelo da Rocha Forte. Santiago de Compostela
Alberto Redondo Porto, José Martín Valladares Durán e Marcial Rodríguez Rodríguez
Reurbanización Praza Bugallal. Ponteareas. Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez

DIVULGACIÓN E INVESTIGACIÓN
Manual de construción para miniarquitectos. Nuria Prieto González
VAD06, Veredes, arquitectura e divulgación As Precursoras. Silvia Blanco Agüeira
Artigos de divulgación arquitectónica para Quincemil. Nuria Prieto González

PROXECTO FIN DE CARREIRA
Condensador social. A Pobra do Caramiñal. Benkar Soukaina
Infraestruturas de mellora no polígono de Xarás. Ribeira. Fernando Balea Domínguez
Faber | ludens. Vector lúdico-loxístico nol borde litoral. Alejandro Vázquez Correa

SELECCIÓN DE FINALISTAS DA XX EDICIÓN DOS PREMIOS COAG

Finalmente, o xurado seleccionou como finalistas 31 obras no total das categorías: residencial de nova planta 6 obras (diferenciando entre vivenda unifamiliar, con 4, e vivenda colectiva, con 2); outros edificios de nova planta, 2; obras de restauración e rehabilitación, 5; obras de interiorismo, 4; arquitecturas efémeras e deseño, 3; planeamento urbanístico, 2; deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo, 3; divulgación e investigación, 3; Proxecto Fin de Carreira, 3.

O gran traballo realizado nas obras de rehabilitación e a gran calidade das vivendas unifamiliares foron algunha das conclusións extraídas polo xurado nesta xuntanza para escoller aos finalistas das distincións. Tamén concluíu que nesta vixésima edición dos Premios COAG destaca a participación de mozas e mozos colexiados e, especialmente, a alta participación de mulleres que sobresae moi por enriba con respecto a outros certames arquitectónicos de España, “situando a Galicia no cume da arquitectura de mulleres”.

RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA UNIFAMILIAR
Casa Tomada
Rúa Tomada-Navia. Parcela 10. Vigo
María Pilar González Ferro e Jordi Castro Andrade
Casa Hutmann
Rúa Fontáns de Feáns, 4. A Coruña
Carlos Graña Ramos
Casa 2M
Rúa do Medio, 4. Santiago de Compostela
Alvaro Marín Durán e Alfonso Castro Lorenzo (Dosesmas Arquitectos)
Vivenda unifamiliar en Coristanco
Lugar do Espiño, Polígono 23 312 15147 Coristanco
Juan Seara Oro e Berta Peleteiro Varela

RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA COLECTIVA

9 vivendas unifamiliares en fileira e urbanización privada
Rúa Adolfo Suárez González sup-2r. Meixonfrío. Oleiros
Lucas Díaz Sierra e Gustavo Díaz García (Díaz y Díaz Arquitectos)
Tres edificios para 125 vivendas, prazas de garaxe e rocho
Rúa Manuel beiras 5. Santiago de Compostela
Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide

OUTROS EDIFICIOS DE NOVA PLANTA
Biblioteca Municipal de Nigrán
Estrada pola Vía, nº 120, Vilameán. Nigrán
Lucas Gándara Álvarez e Juan Pons Herrera
Campo de fútbol en Ponte Sampaio. Pontevedra
Ponte Sampaio, Pontevedra
Carlos Gustavo Pérez Álvarez, José Jorge Santos Ogando e José Carlos Mera Rodríguez

OBRAS DE RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN
Rehabilitación do estaleiro tradicional Ciprián
Lugar de Távilo, Broña. Outes
Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes Dopico
Rehabilitación e ampliación de edificio para dúas vivendas dúplex e garaxe
Subida Castelo, 11. Vigo
Javier Couto Granja
Rehabilitación de edificio para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional
Rúa Ramón Abellas, 4. Ourense
Alexandra Estefanía Vázquez Müller, Roi Feijoo Rey e Santiago García Camacho
Adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo
Rúa Padre Feijóo. Vigo
Alfonso Penela Fernández
Restauración das cubertas do templo: Nave principal e cruceiro. Santiago
Praza do Obradoiro, 3. Santiago de Compostela
Iago Seara Morales e Juan Orozco Corredoira

OBRAS DE INTERIORISMO
Ferraxería
rúa Costanilla Tapia, 42. Cambre
Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez
Centro de entrenamento Wellstreet
Avenida Concepción Arenal 24, 00-e. Oleiros
Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez
Acondicionamento de local comercial destinado a libraría
Avenida Fisterra, 99. A Coruña
Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo
Piso LV.
Rúa Lepanto 1, Vigo.
Pablo Menéndez Paz

ARQUITECTURAS EFÉMERAS E DESEÑO
Expositores GDW #novodeseñogalego
Praza de Lugo. A Coruña
Juan Miguel Salgado Gómez e Luis Manuel Santalla Blanco
WU Lamp
Santiago de Compostela
María Elena López Fernández e Julio Turnes Vieito
Exposición “Paisaxes incultas. A metamorfose do monte galego”
Torres Hejduk, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Cristina García Fontán

PLANEAMENTO URBANÍSTICO
Plan Especial de Protección e reforma interior do Conxunto Histórico de Ribadeo
Ribadeo (Lugo)
Juan Alfonso Botana Castelo e María Beatriz García Becerra
Proxecto piloto de “Rúa Azul”: Rúa peonil e ciclable de conexión interurbana
Concellos de Moaña e Cangas (intervención supramunicipal)
Diego Germade Castelo e Martín Barreiro Cruz

DESEÑO DE ESPAZOS URBANOS, XARDINERÍA E PAISAXISMO
Rampa – chegada do Camiño Francés a Santiago
Rúa do Gozo. Santiago de Compostela
Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López
 Acondicionamento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte
Portecelo. O Rosal
María Fandiño Iglesias
Acondicionamiento do xacemento do Castelo da Rocha Forte
A Rocha Vella. Santiago de Compostela
Alberto Redondo Porto, José Martín Valladares Durán e Marcial Rodríguez Rodríguez (Redondo Valladares e Rodríguez)

DIVULGACIÓN E INVESTIGACIÓN
Manual de construción para miniarquitectos
Nuria Prieto González
Artigos de divulgación arquitectónica para Quincemil
Nuria Prieto González
VAD06, Veredes, arquitectura e divulgación As Precursoras
Silvia Blanco Agüeira

PROXECTO FIN DE CARREIRA
Condensador social
A Pobra do Caramiñal
Benkar Soukaina
Infraestruturas de mellora no polígono de Xarás
Polígono industrial de Xarás. Ribeira
Fernando Balea Domínguez
Faber | ludens. Vector lúdico-loxístico nol borde litoral
Alejandro Vázquez Correa

O xurado avaliará detidamente estas obras finalistas e comunicará o seu ditame final na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado, 18 de marzo, na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo, na provincia de Lugo (Paraño, s/n. Cervo). O evento conta coa colaboración de diversas empresas e entidades: ABANCA, Grupo Aluman, Exlabesa, Finsa, Fundación Arquia, Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, Ramírez Construcciones, Rodiñas, Saint-Gobain, Sargadelos, EspacioHabit e Tejas Verea.

Exit mobile version