Site icon Crónica3.com A Mariña

Paco Nogueiras presenta “C@nto Contigo” este sábado en Burela

Burela, 9 de marzo, 2023. A Delegación Municipal de Cultura presenta en Burela, o vindeiro sábado 11 de marzo ás 18 horas a proposta de Paco Nogueiras “C@nto Contigo”, dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia e da AGADIC.

Unha proposta musical para toda a familia onde Paco Nogueira fai un percorrido por cancións dos seus traballos “Brica Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDE ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Paco Nogueira chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

C@nto Contigo convértese así, nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformará o auditorio nunha festa moi especial onde tí serás o protagonista.

C@nto Contigo viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Así que … colle aire , saca o teu mellor sorriso e … cantemos!

Exit mobile version