Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia comeza cos traballos de mellora do porto de Ribadeo e o dragado da ría

As accións do dragado e da mellora do porto contemplan un orzamento de 3,7 millóns de euros e 200.000 € respectivamente

Ribadeo, 24 de marzo de 2023. O candidato a alcaldía, Dani Vega, valorou positivamente o traballo conxunto entre o grupo municipal popular e Portos de Galicia. “Este importante traballo con Portos de Galicia empeza a dar os seus froitos coa mellora do porto e tamén co dragado da ría. Estas inversións son é fundamentais para Ribadeo e levamos tempo traballando para conseguilas”, explica Vega. Neste sentido, o proxecto do dragado da ría está facéndose por catro fases cun orzamento de 3,7 millóns de euros. O proxecto contempla unha actuación inicial de dragado e ampliación do calado e tres máis de mantemento.

En relación á mellora do porto de Ribadeo o alcaldable subliñou que “era necesario este orzamento de 200.000 € para concretar as primeiras accións coa mellora do entorno da lonxa”. O antigo aglomerado estaba moi desgastado e “incorporouse un novo aglomerado cunha inversión de 70.000€”.

Por todas estas accións Vega destaca a liña de traballo que se está seguir desde o grupo municipal: “Pouco a pouco vamos a ir facendo todas as melloras no porto e tamén co dragado, que é fundamental. En definitiva vamos a seguir traballando por traer inversión para Ribadeo co obxectivo de mellorar e modernizar todo o porto que crea tanta riqueza na nosa vila”:

Exit mobile version