Site icon Crónica3.com A Mariña

5-3 antes dos playoff

Burela, 6 de abril, 2023. Ás18.00 horas no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela disputouse o Pescados Rubén Burela FS – Full Energía Zaragoza cun resultado final 5-3. O Colo Colo non llo puxo fácil ao Burela esta tarde aínda que soubo manterse co dominio do balón en todo momento e finalmente conseguiron manter a defensa ante a continua situación de porteiro-xogador.

Na primeira parte Rikelme adianta o marcador 1-0 no minuto 2 de xogo. No minuto 14 pitan a sexta falta ao Burela e Jorge Tabuenca consegue empatar no dobre penalti, pero no 16 Eloy volve adiantar o marcador 2-1. No último minuto, tras unha ocasión clarísima de Isma que vai fóra, aparece Pazos cun golazo desde fóra da área.

Na segunda metade Isma consegue marcar máis distancias no marcador no minuto 1 cun gol despois dunha boa recuperación tras unha oportunidade de Antón que detén Guille Vela. Alfonso Rodríguez recorre ao porteiro-xogador e Alejandro Pasamón logra recortar distancia nos minutos 23 e 26, tras dúas asistencias de Shunta, chegando ao 4-3. No minuto 28 Isma declara o 5-3 final cun golazo desde a banda.

Segundo Alfonso Rodríguez “Cando te enfrontas a un rival que constantemente ameaza non sabes en que momento poden marcar eles gol, o que si que tentamos é, unha vez o partido se abriu 4-1, intentar meternos no partido e co porteiro xogador conseguímolo”. “A verdade é que o Burela, alí na ida tamén, o balón manéxano moi ben, eu creo que ata na primeira parte eles manexaron o balón moi ben, é unha cousa que fan estupendo”.

Con 3 puntos máis, o equipo mariñán prepárase para o partido máis dificil da tempada, o sábado da semana que vén, contra o Peñíscola. David Rial espera “un partido moi bonito en Peñíscola, …, é un partido que nos ten que motivar ante un rival que vai estar tremendamente motivado por proclamarse campión e ascender na súa casa”,”creo que tamén é un bo momento para que nos veña Peñíscola, para que nos poñamos a un bo ton competitivo e simular o que nos vén nun par de meses”.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Full Energía Zaragoza

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Pitero, Isma, Rikelme, David Pazos – cinco inicial -, Nito, Lucho, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).

Full Energía Zaragoza: Guille Vela (P), Zucho, Jorge Tabuenca, Alejandro Pasamón (C), Shunta Uchida – cinco inicial -, Aitor Abenia, Óscar Chaparro, Alvarito, Iván Romero, David India (P)

Goles: Min.2 Rikelme 1-0; min.14 Jorge Tabuenca 1-1; min.16 Eloy 2-1; min.19 David Pazos 3-1; min.21 Isma 4-1; min.23 Alejandro Pasamón 4-2; min.26 Alejandro Pasamón 4-3; min.28 Isma 5-3.

Equipo Arbitral: Daniel Ontañón Ramos, Pablo Coello Martínez, Eva López Seijas.

Exit mobile version