Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora coa celebración da XXXII Festa da Filloa de Muimenta

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este sábado no Recinto Feiral de Muimenta, en Cospeito, na presentación da XXXII Festa da Filloa de Muimenta, que se celebra tradicionalmente o 1 de maio. “Se facer unha boa filloa é todo un arte, animar á xente a vir a saborealas neste cita gastronómica é unha aposta por fomentar o turismo, por xerar riqueza, e por dar a coñecer a realidade do rural da nosa provincia, que está cheo de ideas e que se consolida, con festas coma esta, como un dos destinos turísticos favoritos do noso país”, destacou o Deputado. A institución provincial apoia con 3.000€ esta cita. No acto tamén participaron representantes da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta.

Exit mobile version