Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa do Chícaro suscita un novo rifirrafe en Foz. “Nótase a súa falta de swing para as próximas eleccións”, di o PSOE ao PP

Foz, 20 de abril, 2023. As últimas declaracións do líder da oposición atacando a Festa do Chícaro, unha festa que foi todo un éxito, só acentúan a súa incapacidade de recoñecer as melloras que se realizaron por este goberno, favorecendo ao pobo e o incremento da actividade económica en Foz.

Confunde a desestacionalización -que tamén se realiza neste caso xa que se fai fóra de datas de tempada alta, verán ou Semana Santa- con forzar a súa celebración en xaneiro: un momento de estreitez económica para as familias, finalizado o Nadal e inmersos na preparación do Entroido.

A actual Segunda Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura afirma que “A envexa do líder da oposición nótase na súa falta de swing para as próximas eleccións”.

“O señor Castiñeira é capaz de anquilosarse en calquera excusa para que Foz non medre.” finaliza Inés López.

Exit mobile version