Site icon Crónica3.com A Mariña

Accidente cun cortacéspede no Vicedo

Un mozo feriuse nunha man mentres utilizaba unha cortadora de céspede, nunha leira do lugar de Piñeiro. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular, uns minutos despois das 11:30 horas. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia para atender ao ferido. Ademais, tamén acudiron ata o lugar os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do Vicedo.

Exit mobile version