Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado de 4º de ESO do Sagrado Corazón, de Ribadeo, agradece a colaboración dos establecementos asociados a Acisa e da cidadanía coa organización da súa viaxe de fin de curso

Ribadeo, 13 de abril de 2023. Alumnado de 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, realizou un sorteo de premios valorados en máis de 1.500 euros co obxectivo de recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a París. Agora agradecen a colaboración de Acisa, dos seus establecementos asociados e da cidadanía en xeral con esta iniciativa.

Alumnas e alumnos sinalan: “queremos agradecer el interés por parte de todas aquellas personas que quisieron colaborar buscando, incluso, las planchas de firmas en los diferentes establecimientos. Lamentamos no tener más margen de tiempo para poder resolver esa petición. Y queremos especialmente agradecer enormemente la colaboración prestada por el Concello, por Acisa o por Folder así como por parte de los 51 establecimientos ribadenses y colindantes, con la excursión de 4º de Eso de nuestro Colegio Sagrado Corazón”. Y añaden: “que se sumasen tantos establecimientos no sólo de Ribadeo sino propiamente de la zona es una garantía de orgullo que nos lleva a pensar la suerte que tanto vecinos como visitantes tenemos de poder disfrutar de una oferta tan rica a nivel hotelero, gastronómico o deportivo, pero también es verdad que cuando se pone tanto detalle, mimo y cuidado en el producto que se trabaja se obtienen estos resultados de tan gran calidad”.

Acisa colaborou co alumnado difundindo esta iniciativa organizada para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso e acollendo a celebración do sorteo dos premios postos en xogo, que tivo lugar o pasado 31 de marzo.

Os afortunados poden recoller os seus premios nas instalacións de Telepizza en Ribadeo.

Exit mobile version