Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES de Foz nun partido da NBA en Minnesota

O alumnado do IES de Foz que está estos días de intercambio en Shakopee tivo onte a oportunidade de asistir a un partido da NBA entre os Minnesota Timberwolves contra os Angeles Lakers. O resultado foi favorable para os Lakers. Durante o partido emitiron o seu nome na pantalla central do evento. O alumnado puido ir ao túnel dos xogadores e chocar a man de moitos deles. A experiencia está sendo moi boa e diferente, contan que todo parece unha película. Este domingo poñen rumbo a N.York outros seis días para desfrutar da cidade.

Exit mobile version