Site icon Crónica3.com A Mariña

Corte no subministro de auga este mércores, que afectará a varias zonas de Ribadeo

Ribadeo, 18 de abril de 2023. Mañá, día 19, producirase un corte no subministro de auga que afectará a varias zonas de Ribadeo, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

O edil explicou: “desde o Concello de Ribadeo queremos informar que vai haber un corte de auga por razóns de mantemento mañá desde as 8 da mañá ata a 1 da tarde. Esperemos que estes traballos estean rematados neste tramo horario. As zonas afectadas son: Couxela, Santalla, Porto, Reme, Vilaousende e algunha parte de Ove, como Frieira”.

Díaz Freije subliñou: “pedimos a máxima colaboración e senso para que esta obra de mantemento, que hai que facer de vez en cando para que a rede estea nas mellores condicións posibles, se leve a cabo ben. Esperamos e desexamos que estas labores sexan frutíferas”.

Exit mobile version