Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Galdo, será o número 2 da candidatura de Por Viveiro

“Viveiro, despois de anos de deixadez e abandono, deixou de ser o concello de referencia de toda a Mariña”. Por Viveiro presenta as eleccións do 28 de maio un equipo de persoas con capacidade e vontade de traballo para facer posible o cambio que Viveiro necesita

Viveiro, 16 de abril, 2023. Manolo Galdo número 2 da candidatura de Por Viveiro. É Presidente da asociación de produtores de madeira PROMAVI. Preséntase na candidatura dos independentes de Por Viveiro por segunda vez. De dilatada traxectoria profesional e política, Galdo destaca pola súa experiencia, capacidade de diálogo, e é un traballador incansable na busca do ben común para as veciñas e veciños de Viveiro.

Para os independentes que lidera Bernardo Fraga “Contar coa súa experiencia, capacidade de xestión, visión de futuro e humildade é un privilexio para nós e para Viveiro”

Exit mobile version