Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural da Deputación investirá 67.000 € no acondicionamento do camiño da Calzada de Silán e do refuxio da Comunidade de Montes da Balsa, en Muras

DIPUTADA PROVINCIAL MONICA FREIRE RANCAÑO
Lugo, 1 de abril de 2023. Medio Rural da Deputación de Lugo destinará 65.000 euros a actuacións nas parroquias de Silán e da Balsa, en Muras.

A área dirixida por Mónica Freire financiará obras de reparación e ampliación do camiño da Calzada na parroquia de Silán, en Muras. A institución provincial colaborará co Concello no acondicionamento desta vía, de 1,2 quilómetros de lonxitude, para adecuala ao paso de vehículos agrarios.

A obra suporá a ampliación do camiño, polo que se realizarán traballos de retirada de árbores e de desmonte ou escavación do terreo nalgunhas partes do traxecto. A plataforma rematarase cun firme de zahorra de 30 centímetros de espesor. Os traballos, que suporán un investimento de 48.000 euros, inclúen tamén a instalación de tubos de drenaxe nos puntos de cruzamento de auga.

Mónica Freire explicou que “o acondicionamento deste camiño de titularidade municipal facilitará o traballo diario nas gandeirías desta parroquia, e polo tanto mellorar as condicións de vida das persoas que viven no rural, que é a forma de contribuír de xeito real e efectivo á fixación de poboación e á conservación do medio natural, os obxectivos polos que traballamos desde a área de Medio Rural”. O alcalde Muras Manuel Requeijo sinalou, pola súa banda, que “desde o Concello demostramos con feitos e procurando a colaboración doutras administracións o compromiso co sector primario”

Renovación do refuxio da Comunidade de Montes da Balsa

A área de Medio Rural da Deputación financiará tamén a renovación do refuxio da Comunidade de Montes Veciñais en Man Cómun da Balsa, empregada como almacén polos comuneiros.

A construción, con muros de bloque e cuberta de paneis tipo “uralita”, reformarase totalmente, cun tellada de lousa e o revestimento dos muros exteriores cunha folla de pedra. Tamén se acondicionará o interior, cun chan de formigón. Medio Rural destinará 19.000 euros a este proxecto que adecuará o aspecto da construción ao entorno e mellorarça as súas condicións de uso.

Exit mobile version