Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercedes Rodríguez Moreda, número dous da lista do PP de Foz para as eleccións locais

Rodríguez Moreda foi asesora e xerente da Organización de Productores Pesqueros de Lugo e directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar

Foz, 11 de abril de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, anunciou esta mañá que a avogada Mercedes Rodríguez (Foz, 1971) será a número dous da súa lista para as eleccións locais do próximo mes de maio. Castiñeira destaca que “o PP incorpora así unha peza fundamental” e di que é un verdadeiro honor ter na candidatura a unha persoa tan formada como Mercedes Rodríguez, cunha amplísima experiencia en xestión; é unha persoa de confianza”. O perfil da número dous da lista popular é unha garantía, di Castiñeira, de que, “no caso de gobernar, empezaremos a facelo dende o primeiro día, non como o bipartito (PSOE-BNG) que aínda hai pouco tempo se escusaba da falta de experiencia; esa inexperiencia non pode pagala o pobo”. Mercedes Rodríguez, pola súa parte, di que acepta o reto convencida de que “a opción popular é a mellor opción para Foz”, un concello no que cre que “é imprescindible un cambio no goberno municipal”

Castiñeira sinala: “Nós apostamos pola fiabilidade, polo traballo rigoroso dende o primeiro momento, pola experiencia; por iso incorporamos a Mercedes Rodríguez, licenciada en Dereito, avogada de profesión, que defendeu ao sector do mar durante moitísimos anos e dende diferentes eidos, primeiro dende a organización de produtores pesqueiros de Burela e despois dende a xestión administrativa na Xunta de Galicia”. Resalta “a súa experiencia e o seu coñecemento de Foz, así como a súa capacidade de servizo público”. Rodríguez “é unha incorporación sumamente importante; un valor para retomar a confianza dos nosos veciños”. Castiñeira indica que en próximas datas darán a coñecer “ás persoas que van estar na candidatura, co único fin de seguir estando ao servizo dos nosos veciños e poder facelo dende o goberno, como fixemos dende o ano 2011 ao 2018”.

O candidato popular á alcaldía insiste en que “Mercedes Rodríguez será unha peza fundamental para o novo goberno, un goberno con capacidade de traballo e de xestión, que non busque escusas ás primeiras de cambio, cando chegan os problemas”. Engade: “O ten demostrado durante moitos anos e o vai a facer nos próximos catro anos, dentro do PP de Foz, ao que leva afiliada moitos anos, e ao que sempre rendeu unha lealdade importante e con elo, tamén lealdade aos nosos veciños”.

Formación e experiencia de xestión

Mercedes Rodríguez Moreda está casada e ten unha filla. É licenciada en Dereito pola USC; premio extraordinario da licenciatura.

Dende 1995 exerce a avogacía por conta propia en Foz; de xuño de 1997 a outubro de 1999 compatibilizou o exercizo da avogacía coa asesoría xurídica da Organización de Productores Pesqueros de Lugo, da que foi directora-xerente de novembro de 1999 a decembro de 2016. Do 30 de decembro de 2016 ata o 26 de maio de 2022 foi directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, da Consellería do Mar. O 2 de xaneiro do 2023 reincorporouse ao seu despacho profesional.

Rodríguez Moreda é membro fundador do consellos consultivos rexionais das Aguas Occidentales del Noroeste e das Aguas Suroccidentales, así como do Consello Consultivo Regional de Larga Distancia. Ten tamén experiencia como profesora universitaria.

Mercedes Rodríguez figurou nunha lista do PP ao Parlamento de Galicia. Destaca a súa vinculación ao PP dende hai moitos anos.

Exit mobile version