Site icon Crónica3.com A Mariña

Míriam Bermúdez afirma que o “camiño sorpresa” que atopou Loureiro na Misericordia é o proposto polo BNG e a veciñanza

Viveiro, 3 de abril, 2023. Á concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, non lle queda outra que rir despois de comprobar que o camiño municipal que con “fascinación” contaba a alcaldesa que “atopara por sorpresa” -palabras dela-, non é máis que o que levan reclamando todo este tempo as veciñas e veciños da Misericordia e o BNG.

Míriam Bermúdez iguala a forma de gobernar de Loureiro coa da Xunta de Galiza e a vía de alta capacidade de Viveiro, poñendo excusas con tal de non facer. “Primeiro que non se podia sen PXOM, logo que non se podia solicitar unha modificación das normas subsidiarias, máis tarde que non habia por onde facer alternativa e por último atoparon por sorpresa un camiño municipal e que tiñan que analizado… Camiño que xa levabamos solicitado desde o primeiro momento a veciñanza e o BNG.”

“Cada vez estamos máis convencidos de que facemos o correcto. A veciñanza debe ser atendida con honestidade e ofrecerlles propostas reais e resolutivas”, en palabras de Míriam Bermúdez, pero no PSOE lévase o contrario: “no pleno e con público, Loureiro afirma que se vai reunir coa veciñanza, mais á hora da verdade teñen que estar os veciños detrás dela e o BNG interpelándoa nos plenos para que cumpra coa súa propia palabra.”

Míriam Bermúdez pide un pouco de consideración coa veciñanza que xa levan desde novembro á espera da prometida reunión cos técnicos municipais

Exit mobile version