Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo presenta o cartel de As Quendas, que volven despois da pandemia

Mondoñedo, 17 de abril, 2023. Esta mañá a directiva da asociación organizadora xunto co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, presentaron o cartel deste ano que contará coas actuacións das orquestras galegas Solara, Mar D’Arousa, Waykas, Paresentesis e dos concertos de Xacarandaina, premio da Cultura Galega do ano pasado, e do grupo galego Quinquillada, patrocinado pola Xunta de Galicia. A maiores, contaremos co encontro de bandas das escolas de música da Mariña, o pregón do campaneiro da catedral, Valentín Ínsua, que rematarán co concerto do coro Mestre Pachego. Como novidade, haberá un tributo ás nosas letras. O eixo central volverá ser a feira cabalar, prevista para o luns 1 de maio, coa exposición de razas autóctonas, a XXXVIIII Festa da Empanada de Mondoñedo e o mercado de produtos do campo.

No acto de presentación tamén participaron a xefa do servizo de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, e a deputada provincial de Medio Rural, Mónica Freire, entidades que colaboran económicamente coa organización desta histórica feira. Desde a organización e o Concello agradeceron o compromiso de ambas administracións para poder desenvolver este evento, xunto co apoio tamén do Concello de Mondoñedo.

Dende a Organización están ultimando detalles para que Mondoñedo volva ter unha grande afluencia de pública nunha feira de orixe medieval, non tan antiga como As San Lucas, e que se recuperou nos anos 80s.

Exit mobile version