Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG avanza as súas propostas para os concellos da Mariña no ámbito dos servizos sociais e sociosanitarios

A Mariña, venres 28 de abril. As candidaturas do BNG na Mariña contemplan no seu conxunto e tamén concello a concello, unha destacada presenza de traballadoras e traballadores dos ámbitos sanitario e sociosanitario, persoas que fixeron importantes aportacións para a elaboración dos programas nos eidos do benestar e de atención ás persoas . Esta semana unha representación da totalidade dos profesionais que integran as candidaturas do BNG fixeron públicas as propostas nancionalistas relacionadas cos servizos sociais, sociosanitarios, a inclusión e o benestar que van figurar nos programas de goberno nos diferentes concellos.

Os servizos sociais son unha cuestión de dereito a vida digna

O BNG, ademáis da defensa a ultranza sempre dunha atención primaria forte dentro dunha sanidade pública de calidade e proximidade, tén propostas claves nas áreas de benestar social, porque entenden que os Servizos Sociais son un dereito universal e por tanto hai que garantir que os recursos sexan repartidos con criterios claros, con xustiza e que cumpran os obxectivos para os que son destinados. Os servizos sociais son unha cuestión de dereito a vida digna e todas as cidadás e cidadáns deben poder gozar dos mesmos recursos e recibir a mesma atención independentemente do seu lugar de residencia, por eso a primeira medida que contemplan é esixir á Xunta de Galicia o cumprimento das súas obrigas como administración neste campo.

Vilas coidadoras, xantar na casa, centros de día, transporte adaptado, tele-asistencia

Proponen tamén a planificación de proxectos dirixidos á xente maior, e que xa se levan a cabo en moitos concellos gobernados polo BNG coma os de vilas coidadoras, xantar na casa, envellecemento activo, achegar a actividade deportiva ás persoas mai vellas, ou a creación de espazos de convivencia para persoas maiores, e nese sentido proponen tamén impulsar a creacion de centros de día e residencias comarcais para persoas dependentes, esixindo da Xunta o seu financiamento e xestión pública. Así mesmo proponen crear ou ampliar os programas e servizos de atención a persoas maiores, tele-asistencia, transporte adaptado….Servizos que poden ser tanto municipais como conveniados con outras entidades ou administracións.

Plantean tamén esixir da Xunta a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar a todas aquelas persoas con grao de discapacidade e dependencia recoñecida con financiamento e xestión por parte da Xunta como garantía da universalidade do servizo.

Exit mobile version