Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta a “Marioneta”, a súa candidatura electoral para Burela

Mario Pillado vai ó mando dun equipo serio, responsable e traballador para acadar o goberno local que Burela merece

Burela, domingo 16 de abril. Hai meses que os nacionalistas fixeron público que Mario Pillado sería o seu candidato á alcaldía de Burela e agora presentan o equipo que o vai acompañar nesta tarefa.

Na segunda posición da candidatura sube á Marioneta Sandra Fernández Cillero. Unha burelá de nacemento e de sentimento que traballou no Sergas e ten un gran compromiso polo país a pola nosa veciñanza. En terceiro lugar aparece Roberto Bouza Orosa. Mestre no CEIP Virxe do Carme, Roberto ten unha ampla traxectoria no eido musical e cultural local e de sempre tivo un forte compromiso nacionalista. No 4 temos a María Antonia Oroza Fernández, traballadora do eido asistencial e cunha gran vinculación co tecido asociativo de carácter social dende fai moitos anos. En quinto lugar segue na Marioneta Victor Cabarcos Val, técnico de mantemento eólico este mozo representa unha xeración moi preparada e formada que precisa que se lle dea oportunidades. Na sexta posición incorpórase ó equipo de Mario Pillado Teresa Bermúdez de la Puente Campos, estudante de filoloxía achegada ó mundo do deporte de base.

Completan a candidatura as incorporacións de María Cao González no 8, Ivandro De Brito Soares De Carvalho no 9 e Andrés Quiroga Pérez no 13 xunto coa continuidade de Anxo Valle Ares no 7, Rosana Posada Expósito no 10, Senín Díaz Mon no 11 e Dori González Fraga no 12, xunto con José Mon Otero e Belen Quíntela Yáñez como suplentes.

Pillado convida ás burelás e burelaos á subirse á Marioneta para levar adiante un proxecto transformador para Burela

En verbas de Mario Pillado, “para min é un orgullo contar con este equipo tan serio, responsable e traballador e abraioume a predisposición que tiveron dende o comezo de subir comigo á Marioneta. Estamos preparados para asumir o goberno local e darlle á veciñanza o servizo que merece. Comezamos así o noso camiño cara o esperanzador futuro de Burela. Agardamos que moita mais xente se suba á Marioneta”.

Exit mobile version