Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Histórico de Viveiro celebra esta fin de semana as II Xornadas da tortilla

Do venres 14 ó domingo 16 de Abril, a Hostalaría da Asociación de comerciantes do Centro Histórico pon en marcha a segunda de Edición das Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro

Viveiro, 11 de abril, 2023. Tralo éxito da primeira edición, ponse en marcha estas Xornadas gastronómicas que tan boa aceptación tiveron o ano pasado. Durante esta fin de semana poderase desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa.

Nesta segunda edición sorprenderanos versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación.

Os locais que participan e as súas tapas son:
1.- Mesón O Recuncho.- “Tortizza de porco Celta”
2.- Restaurante Casa Pepi.- “Tortilla de Cruasán e xamón”
3.- Cornelius Taberna Gastronómica .- “Tortilla Camino de Santiago”
4.- La Tortilla Maravilla.- “Tortilla Maravilla”
5.- Pulpería O Panadeiro.- “Tortilla O Panadeiro”

O horario dos locais para servir as tapas será:
Casa Pepi e o Recuncho: Venres e sábado de 13 a 16h e de 20 ata fin de existencias e o Domingo de 13 a 16h.
La Tortilla Maravilla: Venres sábado e domingo de 10 a 15:30 h e de 20 a 23 horas.
Cornelius Taberna gastronómica : Venres e ábado de 13 a 16h e de 20h ata agotar existencias.
Pulpería O Panadeiro: Venres e sábado dende as 19:30h e o domingo de 13 a 16h.

O precio das tapas será de 3 € e para animar ós clientes a que fagan a ruta e degusten as 5 tapas sortearanse 300€ en vales de consumición.

En cada local participante, haberá Flyers das Xornadas a disposición dos clientes onde poderán selar a casiña correspondente a cada tapa e ó completar as 5 poderán cubrir cos seus datos e indicar cal foi a súa tapa de tortilla favorita. Deposítase nas urnas habilitadas para a ocasión, e o luns 17 de abril será o sorteo.

Exit mobile version