Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz renova o parque móbil con 4 vehículos e disporá dun novo escenario para eventos

Foz, 14 de abril de 2023. O Concello de Foz renovará o parque móbil con 4 vehículos e disporá dun novo escenario para eventos. Para adquirir estas dotacións dispón dunha axuda de 123.400 euros da Deputación de Lugo, que na Xunta de Goberno de hoxe, venres, aprobou esta colaboración co Concello focego.

O alcalde, Fran Cajoto, explicou que con este convenio “imos renovar o parque móbil do Concello coa adquisición de 3 furgonetas con distintas capacidades de carga e dun vehículo todoterreo, que servirán para dotar á brigada de obras de máis medios axeitados para os seus traballos diarios. Ademais mercaremos un novo escenario para eventos, que permitirá continuar coa oferta cultural e a programación de actividades que organiza o Concello durante todo o ano”.

Cajoto engadiu que “o Concello de Foz segue traballando co apoio doutras administracións, neste caso de novo coa Deputación de Lugo, que leva apoiando ao Concello dunha forma moi importante durante os últimos anos”.

Exit mobile version