Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello ofreceu unha recepción a Irene García Valle, remeira ribadense que se proclamou subcampioa de España en skiff cadete de larga distancia.

Ribadeo, 25 de abril de 2023. O Concello ofreceu unha recepción a Irene García Valle, remeira ribadense que se proclamou subcampioa de España en skiff cadete de larga distancia.

No acto desenvolvido no salón de plenos a deportista declarou: “contaba con quedar en una buena posición porque al fin y al cabo lo estaba entrenando, pero no esperaba conseguir la medalla de plata porque al ser de primer año competía con más mayores. Era mi primer año de cadete y entonces iba con un poco más de miedo porque son más grandes y es más difícil entrar en ese pódium. Pero cuando salieron los tiempos publicados en la Federación estaba con una amiga y me lo dijo, entonces fue una emoción enorme porque no me lo esperaba; sabía que lo había hecho bien pero no esperaba la plata. Me sentí muy bien, estaba muy contenta”.

O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, felicitaron a Irene García Valle pola medalla conseguida e tiveron palabras de agradecemento para a súa familia, para os adestradores e tamén para o Club de Remo de Ribadeo. O rexedor dixo: “estamos moi agradados de recibirte aquí institucionalmente, como veciña de Ribadeo, polo teu esforzo, polo teu sacrificio e polo teu resultado, aínda que senón tamén te habíamos recibir igual. Queremos destacar o esforzo deste deporte que está un pouco minorizado pero que non é minoritario, que é moi duro polas mareas, polo clima, por todo”.

O edil de Deportes manifestou: “sabemos que as condicións nas que se adestra non son as ideais porque dependen moito das mareas. Entón hai horarios intempestivos, difíciles, complicados de compatibilizar cos estudios, nos que sei que tamén é unha rapaza aplicada”.

Xunto a Irene García Valle estiveron a súa familia así como os concelleiros de Igualdade de Facenda, Mónica Freire e Pablo Vizoso, e o técnico de Deportes, Iván López.

Exit mobile version