Site icon Crónica3.com A Mariña

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu este xoves á presentación da XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2023, un evento que se celebrará do 10 ao 13 de maio no porto de Burela e que afianza Galicia como punto de encontro referente das innovacións e tecnoloxías do sector en toda a cornixa cantábrica e norte de Portugal

A iniciativa está promovida pola Fundación Expomar como mostra do seu compromiso coa competitividade do sector marítimo-pesqueiro. Esta cita, de carácter bienal e internacional, actúa como nexo de centos de expositores que mostran as últimas novidades do ámbito marítimo-pesqueiro. De feito, nesta edición prevese igualar e incluso superar as cifras de negocio da última feira, alcanzando os 135 stands de expositores e máis de 350 marcas de diferentes países. Como actividade complementaria, a Fundación Expomar tamén celebrará este ano as XXX Xornadas Técnicas e o XXIV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.

Exit mobile version