Site icon Crónica3.com A Mariña

O monte da Escarabelada xa alberga a torreta para dotar de internet ao coxunto histórico artístico de sargadelos

Ao abeiro dun convenio entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e os concellos para o despregue de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados

Cervo, 12 de abril, 2023. O Concello de Cervo leva moito tempo traballando e barallando todo tipo de alternativas para poder despregar internet no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha zona do noso municipio que sofre aínda as consecuencias da fenda dixital ao carecer de cobertura.

Neste senso, estes días xa quedou instalada a torreta no monte municipal da Escarabelada, que alimentará a empresa Vodafone que resultou a adxudicataria da subvención posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp e os Concellos, para despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo, como é o caso da parroquia de Sargadelos, que se verá beneficiada deste convenio.

Con esta actuación melloraranse as redes de telecomunicacións nesta contorna para favorecer e facilitar a actividade no Centro de Emprendemento e Artesanía que alberga diferentes negocios para os que a conectividade resulta importante no día a día.

Exit mobile version