Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS continúa loitando pola Copa da Raíña

Tras ganar ao FSF Móstoles este mediodía nos cuartos de final, o Burela FS clasifícase para as semifinais da Copa da Raíña

Burela, 28 de abril, 2023. Este venres, no Polideportivo Rey Felipe VI de Boadilla del Monte celebráronse os encontros de cuartos de final da Copa da S.M. a Raíña, entre os cales figuraba o Pescados Rubén Burela FS – FSF Móstoles, que rematou cun resultado 4-2 para as burelás, despois dun partido bastante rifado.

Na primeira parte comeza presionando o Burela cunha oportunidade clara de Emilly no minuto 2, pero ao pouco tempo tras unha perda de balón no campo contrario (recupera Benete), Inma encaixa o 0-1 para o equipo madrileño. Tras unha oportunidade de Antía despois dun bo roubo no minuto 6, a capitá Peque logra o empate. Dous minutos despois, tras un pase de Jenny nunha contra, Dany sobe o marcador para o Pescados Rubén 2-1. No minuto 15 tras unha falta por dobre devolución que saca Inma empata o encontro 2-2, resultado que se mantén ata o descanso.

Na segunda parte comeza de novo presionando o Pescados Rubén Burela FS, con máis intensidade. Tras dúas ou tres oportunidades despois de bos entendementos entre Emilly, Irene Samper, Dany e Peque, tras un pase interior de Irene Samper chega unha moi crecida Dany e fusila o 3-2 volvendo elevar o marcador para o seu equipo. Outra oportunidade clarísima de Emilly no minuto 31 que vai ao pau e dous tempos mortos para cada equipo, nos minutos 35 e 36, preceden ao ataque con porteira-xogadora do conxunto de Luís Ostolaza, que tenta empatar o partido sen conseguilo. Tras varias oportunidades a porta baleira, unha de Antía e outra de Jozi, Peque afina a súa puntería e sentencia o 4-2 co que acaba o encontro.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – FSF Móstoles

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Cilene, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).

FSF Móstoles: Ari (P), Inma (C), Benete, Celia, Rafinha – cinco inicial -, Forsiuk, Hrytsenko, Ampi, Montufo, Silvia Carral, Luci, Silvia (P)

Goles: Min.3 Inma 0-1; min.6 Peque 1-1; min.8 Dany 1-2; min.15 Inma 2-2; min.29 Dany 3-2; min.39 Peque 4-2.

Equipo Arbitral: Alberto Carrión Álvarez, Noelia Gutierrez Muñoz, Sara Gutierrez Echevarría.

TA: min.16 Peque, min.28 Forsiuk, min.38 Jenny.

Exit mobile version