Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén remonta con 8 goles na segunda parte

Sábado 22 de abril. Este sábado disputouse no Pavillón Villafontana o encontro da xornada 26 de Primeira Federación Feminina de Futsal, FSF Móstoles – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 6-9 para as Guerreiras Laranxas.

Na primeira parte o Burela non se atopa, parece durmido e o FSF Móstoles dá o mellor de si desde o minuto uno no que Rafinha mete o 1-0 sorprendendo ás burelás que se mostran descolocadas e erráticas. No minuto 3 Irene Samper encaixa un gol en propia sumando o 2-0. Tras dúas oportunidades, un disparo que sae fóra de Emilly e outro de Patricia que tampouco atina coa portería, empeza a presionar algo o Burela ata que no minuto 9 chega o golazo do partido cun tiro de Celia desde a área do seu propio campo que se mete pola escuadra de Caridad. Chega o momento de sacar á porteira-xogadora e no minuto 11, de novo Celia encaixa o 4-0 para o Móstoles. Un minuto despois Benete volve aproveitar a portería baleira do xogo de 5 e encaixa o 5-0 e no 13 volve cun tiro directo de falta tras a 6ª falta do Burela e mete o 6-0. Continúa a porteira-xogadora con Patricia e no minuto 16 chega o segundo lanzamento a 10 e a segunda amarela a Jenny que abandona o xogo. Tras un paradón de Caridad chega unha das poucas oportunidades do equipo mariñán na primeira parte, cun tiro de Peque tras un pase de Emilly que vai fóra. No minuto 17 unha grandísima Irene Samper consegue o primeiro gol do Pescados Rubén tras un pase dunha tamén grandísima Cilene. Ambas fixeron un moi bo encontro hoxe. No minuto 17 destaca un paradón de Peque co corpo nun contraataque do equipo local continuando coa porteira-xogadora. Mantense o marcador ata o descanso.

Na segunda parte o Burela sae atacando con porteira – xogadora coma se dunha coñecida e invencible aldea Gala se tratase e remonta o encontro con 8 goles máis deixando ao Móstoles cun amargo sabor de boca tras chegar ao descanso cunha vantaxe de 5 goles. Minuto a minuto van chegando os goles tal que no 21, de novo o dúo Cilene-Irene Samper atopa o 6-2, no 22 outra vez Irene marca o terceiro no seu contador persoal do día, 6-3. No minuto 23 aparece Emilly cun golazo pola escuadra tras un pase de Peque, 6-4. No minuto 24 Inma sobe o marcador 6-5 cun gol en propia porta despois dun pase de, como non, Irene Samper que pretendía atopar a Dany. O equipo mariñán, que desde o minuto 1 da segunda metade presiona con xogo de 5, acariña o empate e chega, esta vez cun gol de Patricia despois dun boísimo contraataque que comezan Cilene e Emilly e remata Patricia. No minuto 27 chega o gol de Antía tras un pase de Emilly, que adianta o marcador 6-7 e como non pode ser doutra maneira, acaba de afundir ao equipo madrileño. No 28 Irene volve cun remate tras un saque de banda que tira de forma moi acertada Antía, 6-8. E para poñer a guinda ao pastel, chega Peque no minuto 29 cun golazo pola escuadra que sentencia o partido con o 6-9 final. Durante os últimos 10 minutos o equipo de Ostolaza presiona con xogo de 5 pero non consegue exceder á defensa das Guerreiras Laranxas.

Un encontro incrible o desta tarde en Móstoles, cun Pescados Rubén Burela FS que cada semana demostra a súa ambición, a súa loita e a súa resistencia, non sabendo o que é renderse en ningún momento e facéndonos vivir momentos como o desta tarde. Despois deste espectáculo ambos equipos prepáranse agora para volver verse as caras o vindeiro venres 28 de abril nos Cuartos de Final da Copa de S.M. a Raíña ás 13.30 horas en Boadilla del Monte.

Ficha Técnica FSF Móstoles – Pescados Rubén Burela FS

FSF Móstoles: Ari (P), Inma, Benete, Celia, Rafinha – cinco inicial -, Forsiuk, Hrytsenko, Ampi, Montufo, Silvia Carral, Lucía Melcón, Silvia GM (P)

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Cilene, Irene Samper, Patricia, Emilly – cinco inicial- Dany, Saki, Peque (C), Jenny, Antía Pérez, Jozi Oliveira (P).

Goles: Min.1 Rafinha 1-0; min.2 Irene Samper (PP) 2-0; min.9 Celia 3-0; min.11 Celia 4-0; min.13 Benete 5-0; min.14 Benete 6-0; min.18 Irene Samper 6-1; min.21 Irene Samper 6-2; min.22 Irene Samper 6-3; min.23 Emilly 6-4; min.23 Inma (PP) 6-5; min.25 Patricia 6-6; min.26 Antía 6-7; min.28 Irene Samper 6-8; min.29 Peque 6-9.

Equipo Arbitral: Héctor Mayo López, Carlos Panadero Díaz Concha, Ángel López Moreno, Gregorio de Blas Sánchez.

TA: min.13 Jenny; min.15 Jenny

TR: min.15 Jenny

Exit mobile version