Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz lembra que cando saíron do goberno local deixaron deseñadas as rotondas de Cangas

Castiñeira considera que a maneira de actuar dos socialistas é ofensiva para os veciños de Foz e sinaladamente para os das “parroquias de Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo, que lembran a promesa electoral de hai moito tempo dos socialistas, incluso cando estaban na oposición, e que ven que en tres anos non fixeron nada”

Foz, 12 de abril de 2023. Coas eleccións municipais formalmente convocadas, no período no que estamos agora mesmo, os candidatos que chegan aos comicios formando parte de gobernos non poden facer algunhas cousas, como é anunciar obras. Así o sinala o portavoz popular e candidato do PP á alcaldía, Javier Castiñeira, á vista dos anuncios de obras que está a facer o goberno local; son, di, “trampas electorais”. Castiñeira sinala: “ As obras ás présas e os anuncios electorais de última hora son moi propios do Partido Socialista de Foz. Non hai máis que ver como está o pobo: cheo de furados, de polvo, vítima dunha descoordinación absoluta. Non hai máis que ver as informacións que se publican nos últimos días, especialmente as relacionadas coas rotondas na N-642, rotondas para as que en tres ano e medio non se fixo nada e agora parece que vai haber rotondas por todos os lados”.

Castiñeira explica: “O que nos estraña é que se faga fraude con isto, facer anuncios neste tipo nun período no que non se poden facer é facer trampas; o PSOE, probablemente, ve que non foron suficientes os tres anos e medio de lexislatura para demostrar aos veciños de Foz que pode facer cousas e ten que facelo todo agora antes das eleccións”. Esta forma de actuar, supón “pensar que os veciños de Foz son tontos; non son tontos os veciños de parroquias de Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo, que lembran a promesa electoral de hai moito tempo dos socialistas, incluso cando estaban na oposición, e que ven que en tres anos non fixeron nada”.

O portavoz popular lembra que “as rotondas en Cangas xa quedaran deseñadas no seu día polo goberno do PP, no ano 2018, e non sabemos porque se pararon nos anos de goberno do Partido Socialista. Iso é o que ten que explicar o señor Cajoto e deixarse de facer trampas electorais en momentos nos que non se poden anunciar obras deste tipo”.

Exit mobile version