Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo denuncia a falta de planificación do goberno local durante o período vacacional de Semana Santa

O grupo municipal popular leva anos reclamando unha actuación na praia de O Cargadeiro e agora a dous meses das eleccións municipais os socialistas anuncian que están xestionando os arranxos que necesitan

Ribadeo, 11 de abril de 2023. Pasadas as festividades de Semana Santa e despois duns días de descanso e de lecer, toca facer valoración de como foron as cousas. Neste sentido, a vicevoceira do grupo municipal popular, Elena Sierra, destaca que “volvimos a escuchar una frase que repitieron tanto vecinos como visitantes: Que bonito es Ribadeo, pero qué sucio lo tiene este gobierno”.

Sierra di: “Este gobierno del BNG está más pendiente de poner cartelitos, que no son más que pataletas de un niño pequeño de un gobierno que vive en una permanente confrontación y a quien le importa muy poco Ribadeo”. En relación a ese asunto a vivevoceira fai referencia ás imaxes que se viron na vila durante estes días con contenedores moi sucios, abarrotados de lixo, cunha falta clara de papeleras e as rúas sen baldear. “Los propios vecinos han tenido que ponerse a baldear ellos mismos las calles por los malos olores que desprenden. Sin ir más lejos podemos poner como ejemplo el de Fontecabada”, subliña Elena Sierra.

Noutra orde de cousas, o grupo municipal popular resalta o pasotismo e a falta de traballo do goberno do BNG coa praia das Catedrais. A vicevoceira comenta que nestes días a praia contaba con “colas interminables” que provocaron o enfado y a decepción dos visitantes. “16 años de gobierno, y siempre lo mismo, incluso fueron capaces de eliminar el aparcamiento que estaba enfrente del bar, en todo descuidado, sin papeleras y el paseo con muchos tramos rotos. Esta es la imagen que se llevaron muchos turistas y que sufrimos muchos vecinos por la falta de trabajo del BNG” di Sierra.

Por outra banda, o grupo municipal recibiu con abraio a noticia de que os socialistas, despois de 4 anos desaparecidos e a dous meses das eleccións, anuncian que está xestionando o arranxo da praia do Cargadeiro, unha iniciativa que os populares levan solicitando todo o mandato. Neste sentido Elena Sierra comenta: “Dicen que en dos meses lo van a tener listo. Pues ya pudieron haberse dado cuenta en el 2020 y ya llevaríamos dos años disfrutando de esta preciosa cala. Pero es que al partido socialista ya no lo cree nadie”.

Exit mobile version