Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP en Lourenzá comprométese a estudar a viabilidade das propostas trasladadas polos veciños da Cazolga

O PP local tamén se comprometeu a dar traslado a outras administracións das demandas para solucionar os problemas para a chegada da fibra óptica e a mellora da LU-P-2804

Lourenzá, 15 de abril de 2023. O PP de Lourenzá comprométese a escoitar as necesidades e peticións dos veciños e veciñas porque “o noso é un proxecto conxunto, que ten en conta a todos e todas”, segundo explica o candidato á alcaldía, Roberto Díaz.

Nesa liña, acompañados polo representante do Goberno galego na provincia, Javier Arias; os populares mantiveron unha reunión con xente do barrio da Cazolga que lles plantexaron a posibilidade de dotar de saneamento público ás vivendas da zona, realizar melloras no local da asociación de veciños e impulsar a creación de ruta Julia Minguillón ao son do río, cara a capitalidade municipal.

O PP de Lourenzá comprometeuse a estudar a viabilidade das propostas para “dar resposta ás necesidades trasladadas”. De feito, os populares están a traballar da man cos veciños e veciñas “para mellorar o noso concello entre todos e todas”.

PETICIÓNS A OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Os veciños e veciñas tamén manifestaron outras necesidades, como solucionar os problemas para a chegada da fibra óptica e a mellora da estrada da Deputación, LU-P-2804, “que debido o aumento de tráfico pesado se fai perigosa para os usuarios debido a que é moi estreita para ese tipo de vehículos”. Neste caso, os populares comprometéronse a dar traslado das demandas veciñais ás administracións correspondentes.

Exit mobile version