Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP presenta en Muras unha candidatura “unida e reforzada para gobernar para todos por igual”

A candidata indica que “se goberna o PP, o Concello terá as súas portas abertas para todos e será un Concello que escoite aos veciños e se centre na mellora dos servizos e da súa calidade de vida”

Muras, 24 de abril de 2023. O Partido Popular presenta en Muras unha candidatura para as eleccións locais pensada “para gobernar” e, nese sentido, a alcaldable, Eugenia Requeijo, comprométese a facelo “para todos por igual, dende o primeiro día, e sen discriminacións”.

A popular presenta “un equipo unido, reforzado coa incorporación de oito novas persoas e todos con ganas de traballar polo noso municipio”. Eugenia Requeijo indica que “se goberna o PP, o Concello terá as súas portas abertas para todos e será un Concello que escoite aos veciños e os teña en conta e, por suposto, centrado na mellora da súa calidade de vida e de garantirlles os servizos”.

A candidata popular aposta por “sacar a Muras do abandono no que se atopa, que queda claramente reflectido na situación do propio centro do pobo”. O equipo popular preséntase en condicións de “cambiar o actual estado de cousas, caracterizado por prazas e rúas con sucidade, xardíns en mal estado, estradas deterioradas, servizos deficitarios e unha xestión totalmente partidista”.

A CANDIDATURA AO COMPLETO

1.- María Eugenia Requeijo Chao; de Vedille, Muras
2.-Julio Díaz Díaz; de Chao de Perros, Muras
3.-Damián Prieto Sardiña; de Carelle, O Burgo
4.-Luis Carballido Orosa; da Margarida, Silán
5.-Sandra Trastoy Chao; de Aborbó, O Viveiró
6.-Jaime Lázaro Vidal; de Goibetas, O Burgo
7.-José Manuel López García; da Volta, Muras

Suplentes:
María Teresa Uceira Cao; de Casateita, Muras
Fernando Carballido Amor; de Traveseal, Irixoa
Carlos Rouco Rochela; de Carracedo, O Burgo
Camelia Hermida Fernández; da Torre, Silán
Elías García Rubiños; da Pedreira, Irixoa
Juan Antonio Tojeiro Pita; da Casabella, Muras
Óscar Prieto Freire; de Castiñeira, Muras
Eloy Guzmán Vilaboy; de Muras

Exit mobile version