Site icon Crónica3.com A Mariña

“O rexurdir do Partido Galeguista en Ribadeo”, por Pablo Vivín

Fai 90 anos da formación do Partido Galeguista en Ribadeo, no ano 1933, cando se empezou organizar o Partido na nosa vila, dous anos posteriores aos da sua fundación, aunque con anterioridade no 1932 con motivo do Dia de Galiza, un grupo de galeguistas repartirón un manifiesto cos pontos do Partido, e pidiaselle aos veciños que engalanasen os balcons, con a bandeira galega.

O xermen dos seus primeiros pasos en Ribadeo, foi a presencia habitual de Victor Casas, un dos persoeiros do PG, director de ”A Nosa Terra” e mártir do galeguismo no 36. Casas traballaba como viaxante e aproveitaba as estadías en Ribadeo, hospedábase no “Hotel Lamas”, para animar a mocidade ribadense a integrarse no Partido.

A primeira directiva ficaba así: Secretario Xeral: Claudio Perez Prieto; Secretario de
actas: Domingo Rodriguez ; Tesoureiro: Agustin Rodriguez; Bibliotecário: Anton Rodriguez; Vocais: Xesus Pupeiro, Constantino Fernandez e Manuel Perez Prieto.

No ano 1935, había vinte e cinco afiliados, 6 estudantes, 3 empregados, 2 xornaleiros,
2 barbeiros, e un de cada profesión seguinte: carpinteiro, comerciante, camareiro, mariño, farmacéutico, médico, mestre, labrego, tipógrafo, panadeiro e dous sin
profesión.

As xuntanzas solían ser na casa dos Perez Prieto e no forno de Agustin Rodriguez “O Rato”.

90 ANOS DESPOS, o PARTIDO GALEGUISTA , volve estar presente na vida social e política de Ribadeo, con o mesmo entusiasmo de aqueles irmans, e tras a sua estela do galeguismo transformador.

QUE PENSAMOS. O NOSO ACTUAR.

Toda organización política ten uns obxectivos e unha ideoloxía así como un estilo
particular de concibir a xestión do público.

Ao longo da súa historia, o Partido Galeguista caracterizouse como unha organización capaz de abrazar diferentes sensibilidades políticas, cun núcleo común de defensa do que é noso como pobo diferenciado, con a lingua como escudo, así como a nosa cultura, tradicións, patrimonio e institucións.

Concibimos o galeguismo como unha fonte de arraigamento co pobo, man a man, con quen debemos loitar para transformar todo o que mellore a nosa cohesion social e sea fonte de benestar.

Respectamos as distintas administracións públicas do noso Estado coas que se debe manter un diálogo constante, para que entre o pobo e os nosos representantes políticos poidamos transformar e mellorar os diferentes aspectos sociais e económicos que benefician a nosa vida cotiá.

Somos pois un partido de diálogo e mobilización de conciencias, transformador, aberto
á participación na militancia a calquera veciña ou veciño que imaxine un futuro mellor.

¡SAUDE E TERRA!.

Exit mobile version