Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro reúnese coa Asociación de Veciños de Xunqueira

Viveiro, 20 de abril, 2023. Os independentes de Por Viveiro reunironse na tarde de onte coa Asociación de Veciños de Xunqueira para coñecer de primeira man as inquietudes do barrio.

O Candidato á Alcaldía Bernardo Fraga apuntou que “As demandas do barrio de Xunqueira son exactamente as mesmas que hai catro anos, nada se ten avanzado, é triste”

“Tanto o Partido Popular na Xunta de Galicia coma o PSOE no goberno local teñen abandonado este barrio despois da riada sufrida hai máis de 5 anos. As promesas quedáronse en promesas e a realidade é que non hai ningún avance”

Os independentes de Por Viveiro, comprometéronse a traballar para mellorar o barrio nos vindeiros catro anos dende o Goberno Local.

Exit mobile version