Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da candidatura de Udival

O Valadouro, 30 de abril, 2023. Udival (Independestes por Valdouro) nestas eleccións municipais do 28 de maio vólvese presentar porque “vemos que a situación de abandono e deterioro do noso Val é cada vez maior, dende os pequenos detalles do día a día (falta de limpeza e atención no mantemento de camiños, parques, aceras…) ata a falta de algunha obra ou inversión que revalorice ou facilite a vida a vida dos veciños”.

“Está visto que os grandes partidos non son a solución para os pobos pequenos, porque nestes anos nin a Deputación (gobernada por PSOE e BNG) nin a Xunta (gobernada polo PP) se preocuparon por mellorar nada neste pobo. Da Deputación só nos mandan cartos para feiras e festas, como se con iso fósemos a vivir mellor, e os da Xunta dannos unicamente o que nos corresponde por asignación dos fondos a concellos e este ano tiveron a audacia de vendernos dende a Concellería de Educación o futuro arranxo da Escola como algo excepcional cando é obriga desa Consellería manter as instalacións e, para máis inri, un ou dous días despois deste “magnífico” aviso de “donativo” sae en prensa que a Xunta destinará máis do dobre de cartos para facer un garaxe en Mondoñedo para os vehículos municipais, está visto que estes deben ser máis importantes que os nenos de Valadouro.

Todo isto demostra que pertencer a partidos con representación nacional ou autonómica non garante que os cartos vaian a chegar ós pobos onde están representados, por iso nós somos un grupo de veciños co único fin de revitalizar a vida no noso Val, que se nos escoite e se atenda as necesidades deste pobo porque está visto que sempre fai máis o que ten empeño e ganas que o que tendo medios ten pouco interese por traballar.

A lista está composta por veciñas e veciños de O Valadouro que demostraron e demostran no seu día a día gañas de traballar, de escoitar, de solucionar problemas e de facer máis fácil a vida ós que os rodean.

1.- MARÍA JOSÉ FERNÁNDEZ DÍAZ
2.- NOÉ FERNÉNDEZ ROLLE
3.- PEDRO PAZ GONZÁLEZ
4.-ALBERTO LEGASPI MASEDA
5.-RAMIRO GÓMEZ PAZ
6.- MARÍA DEL CARMEN LORENZO REGO
7.-MARÍA JOSEFINA FERNÁNDEZ REIGOSA
8.- MACARIO SALVADOR MATE TORDABLE
9.-PATRICIA GARCÍA GARCÍA
10.-ALEJANDRA LÓPEZ-LEYTÓN PEINO

Exit mobile version