Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación proxecto Retturn

O vicepresidente primeiro da Fegamp e rexedor cervense, Alfonso Villares, participou na presentación, na Casa do concello de Navia de Suarna, do proxecto Retturn:rede de experiencias turísticas baseadas na tradición oral, un proxecto financiado a través dos fondos NextGeneration da Unión Europea, que supón un investimento total de 1.200.000 euros. O obxectivo xeral deste proxecto, tal e como explicou Villares, pasa por impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas en España en municipios de menos de 5000 habitantes.

Exit mobile version