Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro no Valadouro con “Menciñeiro á Forza” do grupo Os Pícaros de Lagoa

O vindeiro sábado, 29 de abril ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro: “Menciñeiro á Forza” a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa. A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario. Sinopse: Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla. A entrada é de balde.

Exit mobile version