Site icon Crónica3.com A Mariña

VIllares: “Temos un equipo cargado de ilusión, iniciativa e moitas ganas para seguir traballando por cada un dos veciños de Cervo”

A candidatura popular mestura xuventude e experiencia, nunha lista conformada por vinte veciños e veciñas, que representan as diferentes realidades do concello

Cervo, 28 de abril de 2023. O candidato popular, Alfonso Villares, presentou hoxe o equipo que o acompañará para concorrer ás eleccións municipais do próximo 28 de maio. Unha candidatura composta por vinte veciños e veciñas “con moita ilusión, forza e iniciativa para seguir traballando por e para Cervo, por e para cada un dos veciños do noso Concello os próximos catros anos”.

Villares volve rodearse do equipo ao completo que o acompañou nos anteriores comicios do 2019, “con acreditada experiencia e capacidade de traballo” e incorpora a catro veciños, Adrián Arias Díaz, Inoa Pardo Mariño, David Manuel Mon Pampín e Alfredo Ben Quelle, “con moitas ganas, ideas renovadoras e proxectos de futuro para Cervo”, perfectamente coñecedores da realidade do noso Concello.

Así o explicou o candidato popular, que remarcou “mantemos o mesmo equipo que fai catro anos e incorporamos caras novas, dá gusto contar con xente nestes tempos con tanta ilusión e ganas de participar na política e de facer que o noso concello siga prosperando”.

A candidatura completa é a seguinte:

1. Alfonso Villares Bermúdez
2. Dolores García Caramés
3. Manuela Méndez Álvarez
4. Adrián Arias Díaz
5. Alfredo Antonio Fernández Casas
6. María Concepción Pilar Armada Carrete
7. David Rodríguez Pernas
8. José Manuel Balseiro Orol
9. Inoa Pardo Mariño
10. María Isabel Rivas Pernas
11. David Manuel Mon Pampín
12. Carmen Fernández Polo
13. Alfredo Ben Quelle
14. Diego Campo López
15. Yolanda Pedreira Cruz
16. José Antonio Gallego Rodríguez
17. Inés Cobas Balseiro
18. Denise Galán López
19. Plácido Pérez Otero
20. Antonio Basanta Fernández

Exit mobile version